Descripción |
No ano 2030 o alcalde de Lalín, seguindo unha estratexia para a dominación mundial, decide financiar a construcción dun arma capaz de anular a vontade do ser humano. Probando este artefacto diabólico acaban volatilizando a Terra. Só dous humanos sobreviven, son os comandantes de sendas naves espaciais. Perdidos na inmensidade do espazo exterior, descoñecendo as coordenadas exactas das suas ubicacións, mais sabendo con certeza da súa soidade, cando as frecuentes tormentas solares o permiten, contactan para manter un anaco de conversa e compartir o mas preciado que teñen: Poemas. |